Descripción
Mariana é unha xornalista coruñesa farta de escribir columnas e desmotivada co seu traballo. De maneira fortuíta coñece a Inês, unha brasileira que traballa como visitadora médica. Entre o renovado interese periodístico dunha, e o desencanto co seu traballo da outra buscarán a maneira de sacar á luz todas as práticas abusivas da industria farmacéutica.
A moza de Mariana non ve esta relación supostamente laboral con bos ollos, nin tampouco a poderosa empresa para a que traballa Inês. Estas circunstancias, unidas aos problemas mentais que acarrexan calquera delas farán desta unha viaxe perigosa para as nosas protagonistas.
Reviews
There are no reviews yet.