Descripción
Raíces nas augas é un traballo de investigación histórica e narrativa centrado nos desprazamentos migratorios entre Europa e o Río da Prata entre finais do século XIX e comezos do XX. O libro apóiase en documentación civil e eclesiástica, fontes históricas, rexistros de época e memoria familiar, e procura articular rigor histórico cunha escrita accesible para o público xeral.
A obra aborda a experiencia migratoria non só desde a chegada, o traballo e o asentamento nestas terras, senón tamén desde o desarraigamento, a incerteza, a separación familiar e a dor silenciosa de quen quedaron do outro lado do océano. Nese sentido, propón unha mirada humana e complexa sobre a migración, entendida non só como movemento de persoas, senón tamén como experiencia afectiva, cultural e memorial.


Reviews
There are no reviews yet.