Descripción
Olladas transfuxidas é un aparello porque revivir a transfusión, o transfuxirmos do que cremos ver. O vérmonos, desde os adentros, desde as liñas das fisuras quenos falan polos ollos. Un compendio de textos (X. Pardo de Neyra) fabulosamente acompañados dun
feixe de poemas visuais baixo o formato de fotografías (J. M. Mazoy)
Juan Miguel Mazoy (Lugo, 1965) e Xulio Pardo de Neyra (Lugo, 1968) son da mesma estirpe: neto e fillo, respectiva ente, dunha irmá e un irmán; bisneto e neto, xa que logo, dun orgulloso mirandés, emigrante naquela Cuba española, pertencente a unha caste estreitamente
preocupada pola súa procedencia-derivada dos da Casa do Fidalgo de Gromaz, simbólico soar buronés onde os haxa por mor de descenderen dunha monxa dominicana e un fidalgo labrego cuxo sangue viña da beira do océano, aló en Rabanillo de Tagle-e inmensamente conectada co
mundo da fotografia, desde os mesmos inicios da invención do daguerreotipo.
Olladas transfuxidas é como un mausoleo: mercé á grande habelencia artística de Mazoy e por mor do cántico á mirada que se reflicte nos textos dun poemario que, como as imaxes que o acompañan, volve cantar a ese país bañado pola inmensidade escura da Galiza do interior que, ás veces, lembraba a fereza do mar que a redimiu.

Licenciado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Filoloxía Galega e Doutor en Historia Contemporánea pola mesma, así como Doutor Europeo en Didáctica da Lingua e a Literatura pola Universitat de València. Dá clases na Universidade da Coruña, onde imparte lingua e literatura galegas e a súa didáctica.
Nas súas teses de doutoramento abordou a relevancia de Evaristo Correa Calderón no sistema literario galego e a introdución do vangardismo na Literatura galega; a repercusión e actualización literaria da figura do heroe cabaleiresco masculino nas lendas de familia e mais na literatura da Galiza contemporánea, e o mito da muller acuática nas literaturas europeas. Anteriormente foi profesor na Universidade de Compostela, na da Estremadura, na Universidade Católica Portuguesa.
Desde moi novo comezou a escribir nos medios xornalísticos galegos, aos dezanove anos vía a luz o seu primeiro libro, e conta na actualidade cunha trintena de ensaios sobre literatura galega.
(Wikipedia)
Reviews
There are no reviews yet.